O Festival de Cans desembarca na Universidade de Deusto

cans

A Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto traerá a vindeira semana un anaco do Festival de Cans ao campus bilbaíno. Será da man de Alfonso Pato, director do festival que conseguiu converterse nunha das citas incontornábeis do maio cultural galego desde practicamente o seu nacemento, vai xa para doce anos. Con Alfonso Pato coñeceremos mellor a evolución deste evento, e mesmo teremos ocasión de visionar o making of dunha das últimas edicións e algunhas das curtametraxes gañadoras.

A actividade decorrerá na próxima cuarta feira (mércores), 27 de maio, a partir das 19:00 na Sala Gárate da Universidade de Deusto. E, até daquela, deixámosvos este petisco audiovisual onde podedes ver e escoitar Kepa Junkera a animar unha das últimas edicións do Festival de Cans. Que vos preste!

Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar un comentario