Monthly Archives: Maio 2014

Adiviña en Euskal Herria: unha de monarcas! (I)

Hai uns días superamos as 5000 visitas neste blogue, algo que nos enche de ledicia e que non podemos menos que agradecervos. Para celebrármolo (e tamén como recompensa a todas esas persoas que son seguidoras habituais deste espazo), queremos xogar … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Etiquetado , | 3 Comentarios

Música folque para celebrar as Letras Galegas en Sestao e Santurtzi

Vai rematando o mes de maio, e con el tamén van chegando á súa fin as diversas actividades con que os centros galegos en Euskal Herria celebran as Letras Galegas. Entre esas propostas, a música sempre conta cun papel sobranceiro, e así … Seguir lendo

Publicado en ACTIVIDADES | Etiquetado , , , , , , , | Deixar un comentario

“Arte Galega”: crónica dun aniversario

Certamente, resulta difícil saber cando é que comeza a existir un grupo de música. Sobre todo cando o tempo vai pasando e chega o momento de celebrar as efemérides de rigor. Así o dixo Gorka Bravo Barreiro cando apareceu no … Seguir lendo

Publicado en ACTIVIDADES | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

“As ferreñas fanlle o son…”, concerto didáctico de Xabier Díaz na Universidade de Deusto

Co gallo das Letras Galegas, a Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto organiza o evento As ferreñas fanlle o son…, un concerto didáctico de voz e percusión tradicional galega que protagonizará o prestixioso músico Xabier Díaz. A actividade terá … Seguir lendo

Publicado en ACTIVIDADES | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

O Centro de Estudos Galegos da UPV/EHU celebra as Letras Galegas

O Centro de Estudos Galegos da UPV/EHU en Vitoria-Gasteiz celebrará as Letras Galegas cun completo programa de actividades no cal estarán representados o cinema, a música e (como non podía ser doutro xeito) a literatura. O primeiro evento terá lugar … Seguir lendo

Publicado en ACTIVIDADES | Etiquetado , , , , , , | 1 comentario

As mitoloxías vasca e galega, protagonistas na Universidade de Deusto

Xigantes antropófagos, antigas deusas que perviven na memoria dos homes, trasnos rebuldeiros… Estes, e algún máis, son algúns dos personaxes cos que vos poderedes atopar se andades estes días pola Universidade de Deusto. E é que a Cátedra de Estudos Galegos, en colaboración … Seguir lendo

Publicado en ACTIVIDADES | Etiquetado , , , , , , | Deixar un comentario

“Herdeiros pola forza”, na Faculdade de Letras de Vitoria-Gasteiz

Entre os vindeiros días 7 e 10 de maio desenvolveranse na Faculdade de Letras da UPV/EHU (Vitoria-Gasteiz) as VII Jornadas de Jóvenes Investigadores en Arqueología, a cuxo programa completo podedes acceder aquí mesmo. Entre os diversos relatorios salientan varios centrados na xestión do … Seguir lendo

Publicado en ACTIVIDADES | Etiquetado , , , , | 1 comentario