Monthly Archives: Marzo 2015

Folque na contorna: obradoiro de gaita galega con Anxo Pintos en Vitoria-Gasteiz

A música folque está de parabéns en Vitoria-Gasteiz. Grazas a grupos como EguzkiFole, Amiestu Sones ou Parradust (voltados, respectivamente, para as músicas galega, asturiana e irlandesa) e a eventos anuais como o Aitzina Folk, os sons tradicionais dos países atlánticos levan tempo a se facer un oco no panorama … Seguir lendo

Publicado en ACTIVIDADES, FOLQUE NA CONTORNA | Etiquetado , , | 1 comentario

“A cultura galega e a gastronomía na televisión” na Universidade de Deusto

Cando se fala en tráfico cultural entre as linguas galega e vasca, un nome de referencia é o de Isaac Xubín. E isto non só por obras como o imprescindíbel Dicionario elemental galego-éuscaro/éuscaro-galego, senón tamén polo seu labor como tradutor, do que ten … Seguir lendo

Publicado en ACTIVIDADES | Etiquetado , | Deixar un comentario

O Entroido galego tomará de asalto Vitoria-Gasteiz

Se hai unha festa fascinante no ciclo anual europeo esa é sen dúbida o Entroido. Estamos a falar, con certeza, dunha das celebracións máis antigas que se coñecen, e que ao longo dos seus milleiros de anos de existencia foi absorbendo influencias … Seguir lendo

Publicado en ACTIVIDADES | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

A Pequena Galiza pasaitarra, en “Tropa de Breoghan”

Os amigos do programa Tropa de Breoghan, que botou a andar no pasado mes de novembro, continúan co seu proxecto de difusión da cultura galega nas ondas de Hala Bedi Irratia. Polos estudios da radio gasteiztarra xa foron desfilando persoas e temas … Seguir lendo

Publicado en NOVIDADES | Etiquetado , , , | Deixar un comentario