Celebración das Letras Galegas en Vitoria-Gasteiz

letras gallicianas

Unha data incontornábel no calendario anual dos centros de estudos galegos en Euskal Herria é, con certeza, o Día das Letras Galegas. Vimos de coñecer precisamente as actividades que, co gallo desta conmemoración, ten programadas o Centro de Estudos Galegos da UPV/EHU, e que decorrerán a 11 de maio próximo (luns / segunda-feira) no Salón de Graos da Faculdade de Letras.

Os actos darán comezo ás 13:30 coa palestra “Luces e sombras de Xosé Filgueira Valverde”, ministrada por Paulo Martínez Lema (Universidade de Lisboa), quen comentará as diversas facetas da figura cuxa escolla para a presente edición das Letras Galegas ten xerado fortes controversias na cultura galega. Logo a seguir, o músico Anxo Pintos (que non precisa apresentación, como sabedes) protagonizará, a partir das 14:00, a conferencia musicada titulada “A zanfona. Unha viaxe de 1000 anos”. Sen dúbida, unha excelente oportunidade de coñecer o funcionamento, técnica e repertorio dun instrumento que nos retrotrae aos tempos medievais, e de man do que é, na actualidade, un dos seus mellores intérpretes. Boa ocasión tamén para lembrarmos unha das máis sobranceiras achegas de Filgueira Valverde ao eido da cultura galega: a súa edición do Cancionero Musical de Galicia de Casto Sampedro.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s