“Contos do Magosto”: Soledad Felloza na Universidade de Deusto

samain

 Máis un ano, os centros de estudos galegos das universidades vascas prepáranse para celebrar o Samaín. Deste xeito, a Cátedra de Estudos Galegos organiza para o vindeiro mércores 19 de novembro a actividade “Contos do Magosto”, que estará protagonizada por Soledad Felloza. Esta contacontos e actriz nada no Uruguai (aínda que residente desde hai varios anos en Galiza e plenamente familiarizada co noso idioma) xa estivo na Universidade de Deusto hai uns meses, acompañando a Manuel Gago na apresentación da súa obra Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia, que podedes lembrar indo aquí. O evento terá lugar na sala 153 da Faculdade de Ciencias Sociais e Humanas do Campus de Bilbo, a partir das 19:30.

Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

1 Responses to “Contos do Magosto”: Soledad Felloza na Universidade de Deusto

  1. Pingback: Contos, música e magosto para celebrar o Samaín en Vitoria-Gasteiz | Galego en Euskal Herria

Deixar un comentario