Contos, música e magosto para celebrar o Samaín en Vitoria-Gasteiz

10368373_10204839140840158_6720347903440456203_o

Se hoxe é a Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto a que celebra o Samaín, mañá (20 de novembro) serán os amigos do Centro de Estudos Galegos da UPV/EHU os que fagan outro tanto na Faculdade de Letras de Vitoria-Gasteiz.

O evento que nos propón o lectorado de Galego da universidade pública vasca dará comezo ás 18:30, coa actuación da actriz e contacontos Soledad Felloza, que traerá á capital alavesa os seus “Contos do Magosto”. Unha vez concluída a contada, procederase a celebrar un magosto tradicional galego á base de castañas, chourizos, viño, queimada e, por suposto, a imprescindíbel música tradicional a cargo do grupo “EguzkiFole / Fol de Sol”. Así que, se vos cadra andar por Vitoria-Gasteiz mañá á tarde, non perdades a ocasión de asistir. E lembrade que cada castaña que comades é unha ánima que sacades do Purgatorio; só por iso ben paga a pena o esforzo!

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s