Conferencia de Marcial Gondar en Masustegi (1993)

Estamos inmersos en pleno mes de Santos (tal era, de feito, a denominación que recebía este mes de novembro na cultura tradicional galega), e se hai algo que caracteriza este tempo é o protagonismo que adquire a morte, ou mellor dito, o culto á morte. Algunha vez temos falado neste mesmo blogue sobre esta dimensión imprescindíbel para comprendermos a personalidade galega, e hoxe recuncamos con este precioso documento que, como tantas outras veces, nos fai chegar o amigo Raúl Río, chairego de Santurtzi, a quen (por certo) algún día haberá que lle facer un monumento nalgún lugar de Euskal Herria.

O documento en cuestión é un vídeo que recolle unha palestra pronunciada polo profesor e antropólogo Marcial Gondar Portasany en 1993, no bairro bilbaino de Masustegi (un deses emprazamentos míticos da galeguidade). A palestra, organizada pola Asociación Cultural Rosalía de Castro co gallo das Letras Galegas, xirou precisamente ao redor da morte e das manifestacións culturais vencelladas a ela, unha materia na que, sen dúbida ningunha, Marcial Gondar é un dos maiores expertos vivos. Agardamos que, malia a súa brevidade, desfrutedes desta gravación, ao tempo que lle agradecemos máis unha vez a Raúl Río a súa deferencia e colaboración.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en GRAVACIÓNS E DOCUMENTOS coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Conferencia de Marcial Gondar en Masustegi (1993)

  1. Raul Rio di:

    E non te pasarías un pelín?

    2014-11-17 11:57 GMT+01:00, Galego en Euskal Herria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s