Vídeo da apresentación de “Vento e chuvia” na Universidade de Deusto

Hai escasamente dous meses, os incombustíbeis Manuel Gago e Soledad Felloza visitaban a Universidade de Deusto para apresentar o libro Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia, nunha actividade organizada pola Cátedra de Estudos Galegos e que decorreu na Sala Gárate da universidade bilbaina. Desde hoxe mesmo tendes ao voso enteiro dispor a gravación íntegra do evento, que, como en tantas outras ocasións, temos que lle agradecer a Raúl Río, da A. C. Rosalía de Castro de Barakaldo. Que a desfrutedes!

Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES, GRAVACIÓNS E DOCUMENTOS coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar un comentario