Adiviña en Euskal Herria: unha de monarcas! (e II)

2014-06-09 12.37.15

Hai aproximadamente unha semana botabamos a andar o concurso “Adiviña en Euskal Herria”, un xeito tan bo coma outro calquera de celebrarmos as 5000 visitas que alcanzou este blogue nos seus escasos oito meses de vida. A pregunta que vos formulabamos era a seguinte: que teñen que ver coa cultura galega os catro monarcas que aparecen representados noutras tantas estatuas do Parque de la Florida, en Vitoria-Gasteiz?

Pois ben, velaquí a resposta: após o antigo Palacio dos Austrias, en Madrid, ser destruído nun incendio, o monarca Felipe V decidiu erguer un novo palacio real en cuxa balaustrada deberían aparecer as esculturas de todos os reis da Monarquía Hispánica, desde os tempos dos godos até o século XVIII. Para levar a cabo tal obxectivo, unha persoa debería elaborar unha listaxe de todos eses reis (até un total de 108), cos atributos que deberían ficar representados na estatua de cada un deles, e esa persoa non foi outra que Pedro Xosé García Balboa (1695-1772), máis coñecido como o padre Sarmiento des que pasou a profesar na orde beneditina. Aínda que nado en Vilafranca do Bierzo, a familia deste personaxe tiña as súas raiceiras en Pontevedra, e foi na “Boa Vila” onde transcorreu a súa infancia e mais a súa adolescencia. Mais, para alén diso, o padre Sarmiento constitúe unha figura central na cultura galega por ter sido un dos primeiros en defender, a través dos seus escritos, a dignidade e o valor do noso idioma, nun auténtico anticipio do que sería o labor dos Precursores e dos rexurdimentistas. No ano 2002, ao se lle dedicar o Día das Letras Galegas, estreouse A escola das areas, unha interesante curtametraxe de animación de Tomás Conde e Virginia Curià que podedes visionar aquí e onde se resumen moi ben algunhas das súas ideas e posicionamentos. Unha peza moi recomendábel, sobre todo se tendes crianzas pola casa! Cómpre lembrar tamén que, para esculpir as estatuas, confiouse no bo facer de dous escultores formados nas mellores escolas da Italia: un deles era Domenico Olivieri (1706-1762), e o outro Felipe de Castro (1711-1775), natural de Noia. Velaí máis un vencello entre a cultura galega e as esculturas en cuestión.

O problema foi que, pouco tempo despois, ao subir Carlos III ao trono español, este  (por motivos aínda discutidos a día de hoxe, mais nos que seguramente tiveron moito peso as compoñentes persoais) ordenou que esas 108 efixies fosen retiradas, o que obrigou a resitualas en diferentes puntos do territorio da Coroa: Toledo, Logroño, Burgos… En 1821, e a iniciativa do almirante Álava, chegaron a Vitoria-Gasteiz as catro que aínda hoxe podedes ver no Parque de La Florida, e que representan os reis godos Ataúlfo, Teudio, Sixerico e Liuva I.

Até aquí a explicación. Fostes moitos/as os/as que contestastes correctamente a pregunta, mais, por desgraza, só pode haber unha persoa premiada. E, unha vez realizado o correspondente sorteo, o agraciado foi Vítor Giadás, de Santiago de Compostela, que nuns días receberá na súa casa os agasallos que aparecen na imaxe superior deste artigo. Zorionak, Vítor!

Para os/as que non resultásedes premiados/as, dúas cousiñas: en primeiro lugar, moitas grazas por participardes; e, en segundo lugar, non desesperedes, porque xa vos adiantamos que en poucos días habemos botar a andar unha nova edición de “Adiviña en Euskal Herria”, e confiamos que volvades participar, e co mesmo entusiasmo. Así que xa sabedes, permanecede atentos a este blogue!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s