Os lectorados de Deusto e Gasteiz achégannos ao galego do Bierzo

11149423_852738238130094_992549542971159817_n

O chamado “galego exterior” ou “galego estremeiro” é, sen dúbida, un gran descoñecido fóra de Galiza. Mesmo aquí, en Euskal Herria, son moitas as persoas que teñen escoitado que a nosa lingua se prolonga cara ao sul, alén do río Miño, mais son xa bastantes menos as que saben que tamén o fai cara ao leste da actual comunidade autónoma galega, sendo lingua propria do oeste de Asturias e de Zamora e, por suposto, das áreas occidentais da comarca (administrativamente leonesa) do Bierzo. E é esta última zona (o Bierzo) a que nos interesa neste caso, pois centrará a interesante actividade que os lectorados de estudos galegos da Universidade de Deusto e da Universidade do País Vasco (coa colaboración da Cátedra UNESCO e mais da Fundación Azkue) nos oferecen para a semana próxima.

Co título de “O ensino bilingüe da lingua galega no Bierzo: outras prácticas de ensino”, Rafael Adán, membro da Asociación Berciana da Lingua Xarmenta (unha das máis activas na defensa e promoción do noso idioma nesa bisbarra leonesa) ministrará un pequeno seminario que lle servirá para partillar as experiencias educativas que están a ser implementadas nun territorio onde o galego, mesmo sendo lingua propria e contando cun número importante de falantes, non goza dun estatuto de oficialidade comparábel ao que ten na veciña Galiza. O seminario decorrerá a 28 de abril (terza feira) na sala 153 da Faculdade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade de Deusto (Bilbo), a partir das 16:00, e a 29 de abril (cuarta feira) na sala 0.16 da Faculdade de Letras da UPV/EHU (Vitoria-Gasteiz), ás 11:00. En ambos os dous casos, a entrada á actividade será libre e de balde.

E para irdes afacendo o ouvido ao xeito de falar dos irmáns bercianos, velaquí vos deixamos este capítulo do programa Ben falado! da TVG dedicado, precisamente, ao galego do Bierzo e ás suas particularidades.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s