“Vikingland”, de Xurxo Chirro, na Faculdade de Letras de Vitoria-Gasteiz

Ciclo de cine 2015

Máis un ano (e xa van oito), o colectivo de profesores leitores da UPV/EHU organiza o ciclo de cinema Un mundo muchas miradas / Mundu bat begirada anitz, que decorrerá entre os días 21 e 24 deste mes de abril. Como xa é costume, a actividade combinará a proxección de pezas cinematográficas coa degustación de especialidades gastronómicas típicas das diferentes culturas cuxas linguas están representadas na Faculdade de Letras da universidade pública vasca (a galega, a alemá, a rusa, a italiana e a francesa).

No tocante a Galiza, o filme escollido para esta edición foi Vikingland (2011), de Xurxo Chirro, que se proxectará o mércores (cuarta-feira) 22 de abril ás 11:00 no Salón de Graos da Faculdade de Letras. Como moitos de vós xa saberedes, Vikingland é unha longametraxe documental baseada nas gravacións caseiras con que un mariñeiro galego (Luís Lomba “O Haia”) retratou o seu día a día como traballador emigrado no mar do Norte. Como o proprio Xurxo Chirro asinala, o propósito deste peculiar proxecto era “evitar que o tempo siga minando a memoria milagrosamente insertada na fraxilidade dos soportes audiovisuais”.

Logo a seguir á proxección da fita, o realizador Seném Outeiro (por sinal, un dos produtores do filme e autor da súa trilla sonora) partillará co público asistente algunhas cuestións relativas á mesma. A sesión concluirá por volta das 13:00 h., cunha degustación gratuíta de produtos gastronómicos galegos e alemáns que con certeza servirá para prolongar o debate sobre o filme.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s