As xeometrías máxicas de Bieito Romero chegan á Faculdade de Letras de Vitoria-Gasteiz

CARTEL_bieito (1)

Trísceles, suásticas, hexapétalas, espirais, cruces globuladas… son só algunhas das formas simbólicas presentes na arte popular galega desde tempos inmemoriais. Calquer persoa que tiver paseado polas montañas e as aldeas de Galiza terá batido máis dunha vez con estes elementos, dotados a miúdo dun carácter máxico, sagrado e protector, e que ás veces permanecen ocultos en igrexas, pazos, casas labregas, cemiterios, cabazos ou restos arqueolóxicos. Neste sentido, unha das persoas que máis ten traballado na recompilación e divulgación deste patrimonio é, con certeza, Bieito Romero (A Coruña, 1964), máis coñecido por ser o líder e fundador do grupo Luar Na Lubre. De feito, como testemuño dese traballo etnográfico fícanos o seu libro Xeometrías máxicas de Galicia (Ir Indo, 2009), onde recolle algo máis de un milleiro de símbolos máxicos procedentes, fundamentalmente, de diversas localidades e comarcas de Galiza.

De xeito que, se andades por Vitoria-Gasteiz e queredes coñecer en primeira man todos os detalles deste patrimonio antropolóxico inigualábel, tendes unha cita incontornábel o vindeiro 15 de abril na Faculdade de Letras da UPV/EHU. Alí, a partir das 11:00 h., Bieito Romero en persoa ministrará a palestra “Xeometrías máxicas de Galicia. Diferentes tipoloxías”. Non faltedes, porque sen dúbida que irá pagar a pena!

Por certo, se quixerdes ir entrando en materia, recomendámosvos a entrevista que lle fixeron ao proprio Bieito Romero os amigos do programa de radio Tropa de Breoghan, de Hala Bedi Irratia, que podedes escoitar e/ou descarregar aquí mesmo.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s