Folque na contorna: obradoiro de gaita galega con Anxo Pintos en Vitoria-Gasteiz

esKuela

A música folque está de parabéns en Vitoria-Gasteiz. Grazas a grupos como EguzkiFoleAmiestu Sones ou Parradust (voltados, respectivamente, para as músicas galega, asturiana e irlandesa) e a eventos anuais como o Aitzina Folk, os sons tradicionais dos países atlánticos levan tempo a se facer un oco no panorama musical de capital alavesa.

Nese sentido, cómpre alegrármonos tamén do nacemento, hai uns meses, de Escuela de FolK, o proxecto didáctico do músico gasteiztarra Gorka Bravo Barreiro sobre o que vos podedes informar aquí mesmo, e que combina as aulas de instrumentos musicais con outros tipos de actividades como excursións, visitas guiadas e ateliés. De feito, unha das primeiras actividades da escola será un obradoiro de gaita galega que decorrerá o vindeiro 10 de maio e que será ministrado polo multi-instrumentista Anxo Pintos  (Vigo, 1968), un dos pesos pesados da música de raíz en Galiza. Aínda que para moitos/as de vós non precise de apresentación, lembremos que Anxo Pintos foi integrante e fundador de grupos míticos como Matto Congrio e Berrogüetto, para alén de facer parte de proxectos musicais como Lizgairo (con Rodrigo Romaní e Xosé Liz), a orquestra SonDeSeu e, desde hai uns meses, Rústica (con Davide Salvado, Cristina Pato e Roberto Comesaña).

Podedes encontrar toda a información sobre este atelié (prezos, vagas, matrícula…) na propria páxina web de Escuela de FolK. E para que vos vaiades animando de cara ao mes de maio, velaquí vos deixamos unha proba audiovisual do que Anxo Pintos é quen de facer non cunha gaita, mais si con outro dos instrumentos que máis ten feito por dar a coñecer: a zanfoña.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES, FOLQUE NA CONTORNA coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

One Response to Folque na contorna: obradoiro de gaita galega con Anxo Pintos en Vitoria-Gasteiz

  1. Pingback: Celebración das Letras Galegas en Vitoria-Gasteiz | Galego en Euskal Herria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s