“A cultura galega e a gastronomía na televisión” na Universidade de Deusto

11008636_636862623113772_2134967788777220525_n

Cando se fala en tráfico cultural entre as linguas galega e vasca, un nome de referencia é o de Isaac Xubín. E isto non só por obras como o imprescindíbel Dicionario elemental galego-éuscaro/éuscaro-galego, senón tamén polo seu labor como tradutor, do que ten dado amostras tan relevantes como o recente Tempo de exilio (Faktoría K, 2014), colectánea poética de Joseba Sarrionandia.

Así sendo, non admira que Isaac Xubín sexa un convidado recorrente nos centros de estudos galegos de Euskal Herria. De feito, como lembraredes as persoas que seguides este blogue, aínda non hai un ano que estivo na Universidade de Deusto a partillar as súas experiencias como tradutor na xornada Joan-etorriko bideak / Camiños de ida e voltaAgora volta ao campus bilbaino para ministrar a palestra “A cultura galega e a gastronomía na televisión”, unha magnífica oportunidade de nos aproximar dun dos aspectos que Isaac Xubín ten estudado (e está a estudar) máis en profunidade. A actividade, organizada pola Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto, decorrerá o vindeiro 27 de marzo, ás 13:00 h., na sala 153 da Faculdade de Ciencias Sociais e Humanas.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s