O Entroido galego tomará de asalto Vitoria-Gasteiz

entrudo

Se hai unha festa fascinante no ciclo anual europeo esa é sen dúbida o Entroido. Estamos a falar, con certeza, dunha das celebracións máis antigas que se coñecen, e que ao longo dos seus milleiros de anos de existencia foi absorbendo influencias diversas e gañando significados novos (de aí, precisamente, a proliferación de tantas hipóteses diferentes no tocante á súa orixe e sentido). Máis en concreto, Galiza constitúe un laboratorio privilexiado para comprendermos o Entroido, até por ser un dos territorios europeos onde esta festividade goza de mellor saúde. Laza, Salcedo, Verín, a bisbarra da Ulla, Cobres, Xinzo de Limia… son apenas algúns dos lugares onde as mascaradas e todos os rituais a elas asociados continúan a ser vividos como un dos acontecementos imprescindíbeis do ano.

Por iso nos alegramos inmensamente da iniciativa do Centro de Estudos Galegos da UPV/EHU, que organiza unhas Xornadas do Entroido Galego os vindeiros 23 e 25 de marzo, na Faculdade de Letras. A parte central do evento estará constituída polas palestras que ministrarán Rafael Quintía e mais Miguel Losada, dous dos membros máis activos da Sociedade Antropolóxica Galega e excelentes coñecedores do Entroido e das súas inúmeras facetas. Para alén diso, as persoas asistentes poderán gozar dunha exposición formada por 40 láminas cedidas pola propia Sociedade Antropolóxica Galega, e que reproducen imaxes de diferentes entroidos de toda Galiza.

Estamos certos de que esta actividade terá unha excelente acollida entre un público como o de Euskal Herria, país onde o Entroido conta tamén cunha tradición moi arraigada e cunhas manifestacións culturais verdadeiramente espectaculares. Ao fío disto, recomendámosvos as fermosas reportaxes sobre algúns deses entroidos no blogue amigo Al filo de lo improbable. Un bo xeito de irmos abrindo boca para o desembarco en Vitoria-Gasteiz  dos cigarróns, pantallas, felos, peliqueiros e demais.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s