A Pequena Galiza pasaitarra, en “Tropa de Breoghan”

trintxerpean

Os amigos do programa Tropa de Breoghan, que botou a andar no pasado mes de novembro, continúan co seu proxecto de difusión da cultura galega nas ondas de Hala Bedi Irratia. Polos estudios da radio gasteiztarra xa foron desfilando persoas e temas ben diferentes, desde o antropólogo Rafael Quintía á actriz Soledad Felloza, pasando por músicos como Xosé Bocixa ou Xurxo Souto, escritores como Arsenio Iglesias Pazos ou cineastas como Davide Cabaleiro, entre outros/as.

Deses programas queremos resgatar precisamente o último (o número 13, por sinal), emitido no pasado 1 de marzo e no que a entrevistada foi Rosa García-Orellán, profesora da Universidade Pública de Navarra e da Universidade do País Vasco. A profesora García-Orellán (cuxas orixes se encontran na comarca da Barbanza) é especialista, entre outras cuestións, na conformación e evolución da comunidade galega asentada desde a década de 20 do século pasado no bairro de Trintxerpe (Pasaia). A conversa xirou á volta desa “Pequena Galiza”, mais, ao fío dela, foron xurdindo outras cuestións intimamente relacionadas, como a implicación galega na pesca do bacallau en Terranova ou a relevancia das mulleres galegas nese contexto tan concreto. Sen dúbida unha entrevista ben interesante, que podedes escoitar e/ou descarregar aquí mesmo.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en NOVIDADES coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s