“A esmorga”, de Ignacio Vilar, chega a Bilbo

aesmorga

Sen dúbida, unha das revelacións máis agradábeis do cinema galego nos últimos meses está a ser A esmorga, de Ignacio Vilar. Para alén dos seus excelentes datos de recadación (algo que cómpre ser especialmente salientado cando falamos dun filme realizado en Galiza e en lingua galega), A esmorga está a gozar dunha acollida positiva por parte da crítica. Sen dúbida, boa parte da responsabilidade haberá que llela atribuír ao repertorio actoral, no que destacan poderosamente os nomes do trío de actores protagonistas: os galegos Antón Durán “Morris”e Miguel de Lira, e mais o gasteiztarra Karra Elejalde. Para xa, as dezanove candidaturas de que foi merecente o filme para os vindeiros Premios Goya parecen avalar o bo traballo de cantos se embarcaron neste proxecto cinematográfico, que leva máis unha vez o inmortal romance de Eduardo Blanco Amor á grande pantalla.

Por todo isto, non deixa de ser tamén unha excelente nova que o filme vaia ser proxectado en breve en Euskal Herria. Concretamente, A esmorga fará parte da sección oficial de Zinegoak 2015, de xeito que poderemos visionala a vindeira sexta-feira (venres) 30 de xaneiro, ás 19:45, nos cinemas Golem de La Alhóndiga. Non perdades a ocasión e ide subliñando esa data en vermello nas vosas axendas.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en NOVIDADES coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s