Folque na contorna: EguzkiFole – Fol de Sol, un novo grupo na diáspora

eguzkifole

Como ben sabemos, a sociedade experimenta idas e vindas, vanse creando novas asociacións ou grupos ao tempo que outros van esmorecendo. Neste caso cómpre celebrarmos a creación dun novo grupo de música tradicional en Vitoria-Gasteiz: trátase de EguzkiFole – Fol de Sol, un pequeno grupo de persoas con moita gana de inundar a capital alavesa co son das gaitas, dos tamborís e das pandeiretas.

Malia a súa recentísima creación, EguzkiFole – Fol de Sol comeza a súa andaina con forza, pois será un dos grupos participantes no festival Aitzina Folk, o magnífico evento musical organizado pola asociación Aitzina e que este ano alcanza a súa segunda edición cun programa de concertos e actividades abondo interesante. Concretamente, EguzkiFole – Fol de Sol participará na “kalejira” que percorrerá as rúas gasteiztarras na mañá do sábado 13 de decembro, e será tamén unha das bandas convidadas por Kepa Junkera para o seu concerto do 28 deste mes no Teatro Principal.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en FOLQUE NA CONTORNA coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s