Manel Cráneo, nas xornadas “Parrapean” de Bilbo

manelCando falamos de ilustración e de banda deseñada en Galiza, o nome de Manel Cráneo (A Coruña, 1973) é, probabelmente, dos primeiros que nos acoden á cabeza. O autor de títulos xa imprescindíbeis como Os lobos de Moeche ou Cousas de mortos (e que na actualidade está a piques de botar a andar o seu novo proxecto, a novela gráfica Destino Hërgüss) estará de visita en Bilbo esta semana para participar nas xornadas Parrapean de banda deseñada. No evento, cuxo programa íntegro podedes ver aquí mesmo, o autor galego ministrará unha palestra titulada “BANDA DESEÑADA: cómic con denominación de origen. Crear, producir y financiar cómic en Galicia”. Será a vindeira quinta feira (27 de novembro), a partir das 19:30, no Begoñako Udaltegia. Vémonos alí!

(Imaxe do artigo: EFE)

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s