Poesía e imaxe en Bilbao Arte: “CRAC”, de Lázaro Louzao

crac_louzao

“Criaturas preciosas de órganos e aceite, quéroos porque me doman…”  De versos coma este está feito CRAC, o poemario con que Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987) irrompía hai uns anos no panorama literario galego. E, á súa vez, foron os textos de Hermo os que lle serviron como materia prima ao realizador Lázaro Louzao (Xove, 1988) para construír o seu novo proxecto audiovisual, que mantén o título da obra do poeta rianxeiro e cuxo trailer oficial podedes visionar aquí mesmo. Tras pouco máis de un ano de preparación e rodaxe, CRAC estrearase o vindeiro 17 de novembro (segunda feira) na Fundación Bilbao Arte, ás 19:00. De feito, cómpre salientar a vinculación de Lázaro Louzao coa capital biscaíña, pois, para alén de residir nela durante un tempo, a súa curtametraxe Los Seres Sombríos (para a cal tamén contou coa colaboración de Gonzalo Hermo) foi seleccionada para a 56ª edición do ZINEBI, o festival internacional de cinema documental e curtametraxes que se celebra cada ano ás beiras do Ibaizábal.

Para irmos preparando as pupilas de cara ao que veremos na próxima segunda feira, deixámosvos con estas breves (mais coidamos que ben interesantes) reflexións de Gonzalo Hermo sobre o que supón para un escritor ver como os seus textos serven para xerar novas creacións e propostas.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s