IV Seminario Internacional sobre Lingua e Literatura, na Faculdade de Letras de Vitoria-Gasteiz

IV seminario internacional-page-001

Por cuarto ano consecutivo, o colectivo de profesores/as lectores/as da UPV/EHU organiza o seu Seminario Internacional sobre Lingua e Literatura, que se desenvolverá durante os vindeiros días 11 e 12 de novembro na Faculdade de Letras de Vitoria-Gasteiz. Ao igual que nas edicións anteriores, este seminario constituirá unha magnífica oportunidade de coñecermos mellor diversos aspectos relacionados coa lingua e mais a literatura das cinco culturas representadas (a día de hoxe) polos outros tantos lectorados operativos na UPV/EHU. A obra de Patrick Modiano, os ecos da queda do Muro de Berlín ou a gramática contrastiva do xaponés serán só algúns dos moitos temas que se desenvolverán ao longo desas dúas xornadas.

E que hai do galego? No que respecta ao noso idioma, as intervencións deste ano centraranse na súa dimensión fronteiriza. Deste xeito, o profesor Xosé Afonso Álvarez, da Universidade de Lisboa, ministrará a videoconferencia “Dúas beiras do mesmo río: léxico dialectal de Galicia e Portugal”, e, xusto a seguir, Rocío Dourado (lectora do Centro de Estudos Galegos na UPV/EHU) abordará a presenza do galego como lingua autóctona das áreas máis occidentais de Asturias, León e Zamora na súa palestra “Nos lindeiros da lingua: o galego estremeiro”. Ambas as dúas intervencións terán lugar na próxima cuarta feira, a partir das 12:00 h.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s