“Azken Garaipena”, de Iban Zaldua e Julen Ribas, agora en galego

Capa-A-victoria-final-220x300

Baixo o título A Vitoria Final, a editorial Urco (especializada desde o seu nacemento na literatura fantástica, de terror e ciencia-ficción) vén de publicar a tradución ao galego de Azken Garaipena, a banda deseñada escrita por Iban Zaldua (Donostia, 1966) e debuxada por Julen Ribas (Arrasate, 1981) que obtivo en 2012 o Premio Euskadi de Literatura e que recentemente foi incluída na Lista de Honra do IBBY. Sen dúbida unha excelente fichaxe para a literatura galega, e máis en concreto para unha disciplina que goza de tan boa saúde na nosa terra como é a banda deseñada.

E aínda que nestes casos o labor dos tradutores adoita ficar (infelizmente) nun segundo plano, cómpre agradecermos o esforzo de Karlos Cid Abasolo e mais Ricardo Pichel Gotérrez, ambos os dous profesores da Universidad Complutense de Madrid, que afrontaron a tarefa de verter para a nosa lingua as aventuras da tenente Sigrid Frisch.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en CREACIÓN, NOVIDADES coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s