As creadoras son as protagonistas na Faculdade de Letras de Vitoria-Gasteiz

mulheres gasteiz

Por cuarto ano consecutivo, o colectivo de profesores/as lectores/as da Faculdade de Letras da UPV/EHU convídanos a nos aproximar (a través de paneis, proxeccións cinematográficas e palestras) a unha serie de mulleres cuxas contribucións resultaron de gran relevancia nos ámbitos lingüístico-culturais que representan cada un dos lectorados existentes na dita faculdade.  Desta volta, o lema escollido foi “Ellas crean. Las diversas caras del arte / Sortzen duten emakumeak. Artearen aurpegi anitzak”, precisamente para salientar a faceta creativa que partillan as vinte e unha mulleres (galegas, alemás, catalás, francesas, italianas, rusas e vascas) seleccionadas para a mostra. Podedes acceder a toda a información sobre este interesante evento (que se desenvolverá entre os días 6 e 17 de outubro) na páxina web da Facultade de Letras da UPV/EHU, así como no Facebook do Centro de Estudos Galegos.

No caso da cultura galega, as escollidas son tres auténticos nomes proprios cuxas achegas ás súas respectivas disciplinas transcenderon (ou están a transcender aínda) amplamente as nosas fronteiras: referímonos á pintora Maruxa Mallo, á actriz María Casares e mais á cineasta Peque Varela. De feito, e dentro do ciclo de proxeccións cinematográficas que completan o programa de actividades, o Centro de Estudos Galegos realizará a súa particular achega coa proxección de catro curtametraxes de Peque Varela:  Gear (2004), Phace (2005), 1977 (2007) e Gato Encerrado (2010). O visionado terá lugar o mércores (cuarta feira) 15 de outubro, ás 11:00 h., no Salón de Graos, mais velaquí vos deixamos un pequeno fragmento de 1977 para que vos vaiades facendo á idea do que ides encontrar nas pezas desta realizadora ferrolá.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s