Curso de Iniciación á Lingua Galega 2014-2015 na Universidade de Deusto

CURSO INICIACIÓN Á LINGUA GALEGA 2014_2015

Por terceiro ano consecutivo, a Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto organiza o seu Curso de Iniciación á Lingua Galega. Ao igual que nas edicións anteriores, o obxectivo será a adquisición dunhas competencias básicas (quer orais, quer escritas), homologábeis ás que se especifican para os niveis A1 e A2 no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. Para alén disto, o curso estará especialmente orientado para a preparación das probas Celga, que convoca anualmente a Xunta de Galicia.

O curso botará a andar o vindeiro día 27 de outubro, e terá unha duración total de 100 horas. As persoas que estean interesadas en inscribirse poden encontrar toda a información relevante no web www.ceg.deusto.es, ou ben enviando un correo electrónico a ana.bastos@outlook.es ou paulo.lema@deusto.es.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en CURSOS coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s