“Alén de Ancos”: música galega de raigame atlántica en Ermua e Vitoria-Gasteiz

Chega o mes de setembro, e con el algunhas das citas musicais máis agardadas polos afeccionados á música tradicional e folque en Euskal Herria. Se a semana pasada concluía en Getxo unha nova entrega do GetxoFolk, chega agora a quenda de Ermua, onde hoxe mesmo comeza a novena edición do Folkez Blai. A representación galega nesta cita virá da man de Alén de Ancos, unha banda nacida en 2007 na bisbarra de Ferrol, e que xa ten deixado mostras da súa proposta musical en escenarios de tanto nivel e relevancia como o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de hai un par de anos. Ademais de tomaren parte no Folkez Blai, Alén de Ancos será a banda convidada na III Semana Cultural de Galiza en Vitoria-Gasteiz, que organiza o Centro Galego da capital alavesa e cuxo programa íntegro podedes consultar aquí mesmo.

Así que, para irmos aquecendo os motores (algo que sempre custa despois da desconexión estival), velaquí vos deixamos unha pequena mostra do que poderedes ver e escoitar a partir de mañá mesmo en Ermua e en Vitoria-Gasteiz.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES, NOVIDADES coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s