Folque na contorna: “Sesións Galegas” (Masustegi-Bilbo-Basauri)

INTRODUCIÓN

Sesións Galegas – Son de Bágoas” formouse hai catro anos (no 2010), nun primeiro momento co afán de tocar nos bares a música da que máis gostan, para posteriormente crearen o grupo “Son de Bágoas”, onde tratan de harmonizar, retocar e descubrir novos sons para a música tradicional galega. No web podedes descubrir a nosa historia e as novas da asociación.

CANDO?

O segundo sábado de cada mes en sesión vermú e o último venres de cada mes ás 9 (aínda que poden variar as datas).

ONDE?

No bar “Los Botijos” de Masustegui, os segundos sábados de mes (Estrada de Masustegui 104, Bilbo).

 

Na “Pulpería Arizgoiti” (Luis Petralanda Kalea, Basauri) de Basauri, os últimos venres de mes.

O QUE É?

As sesións galegas son unha alternativa para todos aqueles que queirades escoitar e participar da música tradicional galega con outros instrumentos. Sempre tiveron envexa das sesións irlandesas, xa que a gaita galega é un instrumento moi potente que non puideron integrar neses circuítos musicais, de xeito que crearon un grupiño estábel e buscan lugares onde poder facer a súa música. A composición dese grupo estábel conta con pandeireta e caixón flamenco, trikitixa, violín, gaita galega, pito galego e whistles. Aínda que carecen de guitarrista fixo, si que contan coa guitarra en varias sesións.

O repertorio é o tradicional galego, e moitas partituras (tal e como as tocan nas sesións) están dispoñíbeis no sitio web. Malia a maior parte das pezas seren galegas, tamén interpretan outras vascas, bretoas, irlandesas…

LIGAZÓNS

Máis información sobre “Sesións Galegas” na súa páxina web, así como no seu perfil de Facebook.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en FOLQUE NA CONTORNA coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s