O Novo Cinema Galego regresa a Bilbo

arraianos-2

Por segundo ano consecutivo, o centro BilbaoArte acollerá as Xornadas do Novo Cinema Galego, que se desenvolverán os días 9, 10 e 11 de xuño e que, ao igual que na edición anterior, estarán coordinadas polo crítico e produtor Martin Pawley. Estas xornadas constitúen unha ocasión inmellorábel para facer visíbel a situación de efervescencia creativa en que se encontra actualmente o mundo audiovisual galego, con novos nomes e novas propostas tanto estéticas como argumentais.

Deste xeito, o público asistente ao ciclo poderá desfrutar de filmes tan arriscados como Arraianos (Eloy Enciso, 2012), que xa tivemos ocasión de visionar hai uns meses na Faculdade de Letras de Vitoria-Gasteiz, ou a non menos orixinal Costa da morte (Lois Patiño, 2013), galardoada en numerosos certames europeos e americanos. O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (Alberto Gracia, 2013), Une histoire seule (Xurxo Chirro, 2013) ou o interesantísimo Proxecto Nimbos, que traduce á linguaxe audiovisual o universo poético de Xosé María Díaz Castro, veñen completar, xunto con debates, mesas redondas e intervencións dos proprios directores, o programa destas xornadas que se están a consolidar como un verdadeiro fito do noso cinema en terras vascas.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s