Adiviña en Euskal Herria: unha de monarcas! (I)

Visigodos-en-VitoriaHai uns días superamos as 5000 visitas neste blogue, algo que nos enche de ledicia e que non podemos menos que agradecervos. Para celebrármolo (e tamén como recompensa a todas esas persoas que son seguidoras habituais deste espazo), queremos xogar convosco ás adiviñas. Animádesvos?

Velaquí tendes unha imaxe que probabelmente moitos de vós coñezades, ou mesmo vos resulte familiar: as estatuas de catro reis que rodean o quiosco da música no Parque de la Florida, en Vitoria-Gasteiz. A pregunta que vos queremos facer é: sabedes cal é a relación desas catro efixies coa cultura galega?

Para vos estimularmos neste pequeno desafío, temos preparados para vós uns cantos agasallos. Enviade as vosas respostas ao enderezo electrónico galegoeneuskalherria@gmail.com antes do vindeiro 7 de xuño e, entre todas aquelas persoas que acertedes, sortearemos un exemplar dos libros Galicia en Euskadi (Xunta de Galicia / UPV, 2010)  e  14 gravadores galegos contemporáneos (Xunta de Galicia, 1997), e outro do disco Pensando nelas (Xunta de Galicia / UPV, 2006). Como vedes, literatura, debuxo e música para que o paquete sexa o máis variado posíbel!

 Pois veña logo, a xogar!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas , . Ligazón permanente.

3 Responses to Adiviña en Euskal Herria: unha de monarcas! (I)

  1. xema di:

    Pódese deixar aquí algunha resposta?
    Acho que estas estatuas existen gracias a unha persoaxe e o seu traballo de recopilación, mestura de datos históricos, botánicos e artísticos. Hai máis estatuas repartidas por cidades do estado.
    Vou ben?

  2. Herminio Lorenzo di:

    Creo que as estatuas tein que ver co Padre Sarmiento.Iste,propuxo fager un reconto dos
    reís godos dende os primeiros da dinastía asturiana,até os derradeiros.
    Tamén decidiron deixalos,para sempre,inmortalizados en estatuas.Ficéronos en mármore (Chámase “pedra braca marmolada” ou algo polo estilo)
    de moi mala calidade.Ían a poñelas no Palacio Real de Madride,onde están case todas,
    sobor todo nos Xardines de Oriente.As que sobraban,e sin ningún criterio,creo eu,foron
    dadas ou donadas,a algúns luares.Entre iles,está Vitoria.
    Os que “caíron”en Vitoria son:Ataúlfo,Sigerico,Tuedio eLiuva o primeiro.
    Dícese tamén,(xa que Galiza e terra de canteiros)que algúns dos que traballaros facéndoos,
    ou esculpíndoos,eran galegos.Mais isto non está mui claro.
    Aínda que non está nada claro onde nasceu o Sr.Sarmiento,xa que uns din que foi no Bierzo,
    e outros nunha vila de Pontevedra,como o Bierzo sempre perteneceu o Reino de Galiza,
    penso ue que ista e a relación que piden vostedes.
    Foi un praser.
    hrmnio.

  3. Pingback: Adiviña en Euskal Herria: unha de monarcas (e II) | Galego en Euskal Herria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s