“As ferreñas fanlle o son…”, concerto didáctico de Xabier Díaz na Universidade de Deusto

AS FERREÑAS FANLLE O SON

Co gallo das Letras Galegas, a Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto organiza o evento As ferreñas fanlle o son…, un concerto didáctico de voz e percusión tradicional galega que protagonizará o prestixioso músico Xabier Díaz. A actividade terá lugar o vindeiro xoves 15 de maio, ás 19:30, no Auditorio Centenario da universidade bilbaína, e a entrada será libre e gratuíta.

Xabier Díaz (A Coruña, 1969) apenas precisa presentación, xa que se trata dun dos músicos máis recoñecidos no panorama folque e tradicional galego dos últimos tempos. Cantante, multiinstrumentista, compositor e investigador, ten publicado traballos individuais como Músicas de salitre (2004) ou Coplas para Icía (2007), ademais de formar parte de bandas como Berrogüetto, aCadaCanto ou Rumbadeira, entre outras. Por outra banda, Xabier Díaz é un colaborador habitual de músicos como Xosé Manuel Budiño, Uxía Senlle, Guadi Galego ou o trikitilari Kepa Junkera, e mesmo copresenta (xunto con Guillerme Fernández) o programa Tres peixes voando, que se emite cada luns na Radio Galega.

N’As ferreñas fanlle o son…, Xabier Díaz realizará un percorrido comentado por varias pezas do repertorio vocal galego, acompañándose de instrumentos como o pandeiro, os tambores, a pandeireta, a pandeira ou o adufe, entre outros. Tratarase dunha oportunidade magnífica de nos achegarmos a unha das facetas máis ricas e interesantes do folclore musical galego.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s