O Centro de Estudos Galegos da UPV/EHU celebra as Letras Galegas

letras galegas gasteiz

O Centro de Estudos Galegos da UPV/EHU en Vitoria-Gasteiz celebrará as Letras Galegas cun completo programa de actividades no cal estarán representados o cinema, a música e (como non podía ser doutro xeito) a literatura.

O primeiro evento terá lugar o día 12 de maio (luns / segunda feira), e consistirá na proxección do documentario O instante eterno, a particular aproximación do realizador Xosé Antón Cascudo á vida e á obra de Xosé María Díaz Castro, autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano 2014 (coincidindo xustamente co centenario do seu nacemento). O filme está a receber unha moi boa acollida por parte do público, tanto en Galiza como na propia Euskal Herria, onde, como lembraredes as persoas que seguides este blogue, xa foi estreado hai aproximadamente un par de meses.

Finalmente, o día 14 de maio (mércores/cuarta feira) poderemos gozar da palestra “Xosé María Díaz Castro: poeta da lus, con querencias vascas”, impartida polo profesor Xosé Estévez, un dos grandes referentes da cultura galega en Euskal Herria desde hai décadas. Xusto ao rematar a súa intervención, dará comezo un dos pratos fortes do programa: un obradoiro de canto e percusións tradicionais galegas da man de Xabier Díaz (compoñente, entre outros grupos, de Berrogüetto e de aCadaCanto), que deste xeito dará inicio a unha serie de actuacións por diversas localidades vascas.

Se andades pola capital alavesa, non perdades a oportunidade de pasar pola Faculdade de Letras para participar nalgún destes actos.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to O Centro de Estudos Galegos da UPV/EHU celebra as Letras Galegas

  1. Pingback: “Xosé María Díaz Castro: poeta da lus, con querencias vascas”, por Xosé Estévez | Galego en Euskal Herria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s