As mitoloxías vasca e galega, protagonistas na Universidade de Deusto

lekuan-lekuko Mitoloxías

Xigantes antropófagos, antigas deusas que perviven na memoria dos homes, trasnos rebuldeiros… Estes, e algún máis, son algúns dos personaxes cos que vos poderedes atopar se andades estes días pola Universidade de Deusto. E é que a Cátedra de Estudos Galegos, en colaboración con Deusto Campus Cultura e Euskal Irakaslegoa, vén de botar a andar a exposición Lekuan-lekuko Mitoloxías, unha aproximación ás mitoloxías vasca e galega a través de varios dos personaxes partillados por ambas as dúas culturas. A exposición componse de varios deseños realizados expresamente para a ocasión polo debuxante José Ángel Ares, e que se completan con outros tantos textos comparativos elaborados polo estudantado de Euskal Irakaslegoa e coas observacións achegadas por dous especialistas na materia como Manuel Etxeberria e Rafael Quintía.

A exposición estará dispoñíbel no claustro da Universidade de Deusto do 7 ao 21 de maio, de luns a venres e en horario continuo. O acceso, como decote, é libre e gratuíto, e todos os textos contan con versión en galego, éuscaro e castelán.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s