“Herdeiros pola forza”, na Faculdade de Letras de Vitoria-Gasteiz

cub_herdeiros

Entre os vindeiros días 7 e 10 de maio desenvolveranse na Faculdade de Letras da UPV/EHU (Vitoria-Gasteiz) as VII Jornadas de Jóvenes Investigadores en Arqueología, a cuxo programa completo podedes acceder aquí mesmo. Entre os diversos relatorios salientan varios centrados na xestión do patrimonio arqueolóxico galego, como os de Begoña Garrido Labrador, Xosé Gago ou Vanesa Trevín.

Será precisamente no marco destas xornadas (aínda que fóra de programa) onde terá lugar a apresentación do libro Herdeiros pola forza, organizada polo Centro de Estudos Galegos e mais pola editorial 2.0 Editora, responsábel da publicación da obra. Os seus autores, Xurxo Ayán e Manuel Gago, estarán presentes para a ocasión, aínda que este último terá que facelo a través de videoconferencia por motivos de axenda. De calquera xeito, esta apresentación (a primeira que se realiza deste libro fóra de terras galegas) constituirá unha ocasión inmellorábel de se achegar a cuestións relacionadas cos modelos de xestión e divulgación do patrimonio histórico que os autores coñecen de primeirísima man e que abordan, como non podía ser doutro xeito, cunha retranca xenuinamente galaica.

A actividade terá lugar o mércores (cuarta feira), 7 de maio, a partir das 19:15 h., no Salón de Graos da Faculdade de Letras. Para vos irdes metendo en fariña, velaquí vos deixamos este pequeno tráiler no que Manuel Gago e Xurxo Ayán debullan algunhas das liñas mestras do libro.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

One Response to “Herdeiros pola forza”, na Faculdade de Letras de Vitoria-Gasteiz

  1. Pingback: Presentación del libro “Herdeiros pola forza” liburuaren aurkezpena | ¿Morriña de la cultura alemana?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s