“Arte Galega: 50 aniversario”, unha cita coa música tradicional en Vitoria-Gasteiz

cartaz arte galega JPG

Maio longo, maio longo… comezaba un dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro. Ademais de longo, o mes de maio caracterízase por ser, sen dúbida, o máis intenso no que se refire ás actividades culturais programadas polas comunidades galegas en Euskal Herria (e das que tentaremos mantervos ben informados desde este blogue, por suposto).

Sen dúbida, unha das citas máis interesantes terá lugar o vindeiro venres 16 de maio en Vitoria-Gasteiz: trátase do concerto co que Arte Galega, o grupo de música tradicional do Centro Galego da capital alavesa, celebrará o seu 50 aniversario. Medio século é moito tempo e, por ese motivo, este concerto será moi especial: ademais de coa presenza de músicos doutros grupos, Arte Galega contará tamén con convidados de auténtico luxo como o galego Xabier Díaz, o vasco Kepa Junkera e mais o grupo de música folque Parradust. Un cartel, como vedes, de primeiro nivel!

O concerto celebrarase no Teatro “Félix Petite” (Centro Cívico de Ibaiondo), a partir das 20:00 h. As persoas interesadas en asistir poderán adquirir a súa entrada até en tres puntos de venda diferente: no Centro Galego de Vitoria-Gasteiz (de 19:00 a 21:00), no pub O’Connor’s e no Restaurante Botafumeiro (de 11:00 a 13:00). As entradas venderanse ao prezo de 3 €, ou ben de 8 € para ter dereito ao DVD que se editará posteriormente coa gravación do concerto en directo.

E para irmos facendo boca, velaquí vos deixamos un vídeo no que podedes gozar do bo facer de dous dos musicazos que acompañarán a Arte Galega o vindeiro día 16. A non perder!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s