“Un mundo muchas miradas / Mundu bat begirada anitz”, na Facultade de Letras de Vitoria-Gasteiz

jornadas cine

Como podedes comprobar, estas últimas semanas están a ser moi intensas no tocante ás actividades organizadas polos lectorados de lingua e literatura galegas en Euskadi. A seguinte cita inescusábel terá lugar a vindeira semana, pois entre os días 7 e 10 de abril desenvolverase na Facultade de Letras de Vitoria-Gasteiz o ciclo Un mundo muchas miradas / Mundu bat begirada anitz. Podedes acceder ao programa completo aquí mesmo.

A iniciativa, que corre a cargo do colectivo de profesores leitores da UPV/EHU, alcanza neste ano a súa oitava edición e, ao igual que nos anos anteriores, combinará a proxección de pezas cinematográficas coas degustacións gastronómicas de produtos típicos das diferentes culturas representadas polos ditos leitores. No que se refire a Galiza, o filme escollido foi Arraianos (2012), do realizador Eloy Enciso, que recebeu diversos premios e galardóns e que constitúe unha aproximación realmente suxerente e orixinal ao mundo da raia galego-portuguesa. De feito, Arraianos será a peza que abra este ciclo, o vindeiro luns (segunda feira) ás 13:00.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

3 Responses to “Un mundo muchas miradas / Mundu bat begirada anitz”, na Facultade de Letras de Vitoria-Gasteiz

  1. Pingback: O novo cinema galego regresa a Bilbo | Galego en Euskal Herria

  2. Pingback: O Novo Cinema Galego regresa a Bilbo | Galego en Euskal Herria

  3. Pingback: Oitava edición do ciclo de cinema “Un mundo muchas miradas / Mundu bat begirada anitz” na Faculdade de Letras de Vitoria-Gasteiz | Galego en Euskal Herria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s