“Camiños de ida e volta / Joan-etorriko bideak” na Universidade de Deusto

cartaz_4 copia

A Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto, en colaboración con Euskal Gaien Institutua e Euskal Irakaslegoa, organiza o encontro Camiños de ida e volta / Joan-etorriko bideak, que se desenvolverá o vindeiro xoves 3 de abril ás 11:00, na sala 153 do Edificio Central da universidade bilbaína.

O acto contará coa participación de dous tradutores ben recoñecidos nos seus respectivos ámbitos culturais e literarios: por unha banda, o galego Isaac Xubín, que vén de publicar a tradución ao galego da novela Pasaia Blues, de Harkaitz Cano; e, pola outra, o navarro Joxemari Sestorain, tradutor ao éuscaro de Poesía última de amor e enfermidade, de Lois Pereiro. Deste xeito, o evento servirá para presentar estas dúas novidades editoriais das que xa nos temos ocupado amplamente neste mesmo blogue, ao tempo que constituirá un marco de reflexión sobre a tradución e o traballo dos tradutores en contextos lingüísticos minorizados como son o euscaldún e mais o galego.

Por mor do aforo limitado da sala 153, prégaselles ás persoas interesadas en asistir que confirmen a súa presenza enviando un correo electrónico ao enderezo euskal.gaiak@deusto.es.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to “Camiños de ida e volta / Joan-etorriko bideak” na Universidade de Deusto

  1. Pingback: Galego en Euskal Herria

  2. Pingback: Vídeo do encontro “Camiños de ida e volta / Joan-etorriko bideak” na Universidade de Deusto | Galego en Euskal Herria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s