Folque na contorna: O’connor’s Folk Sessions (Vitoria-Gasteiz)

Cartel

 

INTRODUCIÓN

Comezamos a andaina musical deste blogue, que ten como obxectivo mantervos informados da actualidade musical que acontece en Euskadi, relacionada dalgún xeito con Galiza.

CANDO?

Todos os xoves a partir das 20:30h

ONDE?

Pub O’Connor’s

R/ Prado, 11 (Vitoria-Gasteiz)

O QUE É?

Sesións irlandesas ao uso, con varios compoñentes fixos, aínda que abertas a todo o que queira tocar, bailar ou cantar.

O repertorio que se interpreta é na súa maioría irlandés, con algunha que outra canción galega, bretoa ou escocesa.

Velaquí tendes un anaco do repertorio que se toca:

Tamén se tocan algúns temas galegos ou moi escoitados na nosa terra, como por exemplo o “Pasacorredoiras do Condado” (coñecida grazas a Milladoiro, que o interpretou no seu álbum Castellum Honesti) ou o  “An dro” (canción de orixe bretoa, mais con moita sona por tela versionado Carlos Núñez baixo o título “As Covas do Rei Cintolo”). Deixámosvos cun vídeo deste artista galego coñecido alén do mundo folque.

LIGAZÓNS

Para seguir as novas das sesións: Facebook

Información sobre as sesións e cancións en The Session

Advertisements
Estas entrada foi publicada en FOLQUE NA CONTORNA coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s