Presentación de “Las hojas muertas”, de Mario Regueira, en Bilbo

1379872950-14-0

O vindeiro luns (segunda feira), día 24 de marzo, a libraría ANTI-Liburudenda de Bilbo receberá a Mario Regueira para apresentar Las hojas muertas (Pulp Books, 2013), a tradución para o castelán da súa novela Outono aquí. O evento dará comezo ás 20:00, e contará coa intervención do crítico literario e xornalista Iñigo Astiz e mais do escritor galego (afincado en Bilbo desde hai varios anos) Arsenio Iglesias Pazos.

Mario Regueira (Ferrol, 1979) é, malia a súa xuventude, un dos autores máis relevantes con que conta o panorama literario galego actual nos seus diversos xéneros. Así o acreditan obras como Rebelión no inverno (2004), L’affiche rouge (2007) ou a propia Outono aquí (2012), ás que aínda podemos engadir incursións poéticas como Blues da Crecente (2009) ou O silencio (2012), entre outras. Todo isto sen esquecer a súa participación en diversas obras colectivas, as súas frecuentes colaboracións con diversas revistas e xornais ou o seu interesante blogue “O porto dos escravos”, cuxa leitura vos recomendamos vivamente desde aquí.

Non é a primeira vez que o escritor ferrolán visita o Botxo. Hai un par de anos, convidado pola Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto, xa participara xunto con Lorena Souto e Andrea Nunes nun recital de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. De feito, un dos froitos máis fermosos daquel acto foi un videopoema creado especialmente para a ocasión polos autores a partir do “Monólogo do vello traballador”. Podedes desfrutalo aquí mesmo.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

One Response to Presentación de “Las hojas muertas”, de Mario Regueira, en Bilbo

  1. Pingback: Bilbao | O porto dos escravos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s