Proxección de “O instante eterno” na Universidade de Deusto

O INSTANTE ETERNO

Hai unhas semanas estreábase o documentario O instante eterno, un proxecto do realizador Xosé Antón Cascudo que afonda nas claves necesarias para comprendermos a figura de Xosé María Díaz Castro (1914-1990), autor a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. De feito, o lugar escollido para esa premiére non podía ser outro có Vilariño (por outro nome “Vilariño dos Cregos”), lugar onde naceu o poeta e onde, de feito, aínda se mantén en pé a vella casa familiar.

Após a súa estrea en terras galegas, O instante eterno chegará a Euskal Herria (país ao que Díaz Castro estivo moi intimamente vinculado), e farao da man da Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto, que organiza a súa proxección pública e gratuíta para o vindeiro xoves 13 de marzo, a partir das 19:00. O visionado do documentario terá lugar na aula 153 do Edificio Central, e irá seguido dun pequeno coloquio co seu director, que estará presente para a ocasión. Se queredes máis información ao respecto, podédela atopar aquí mesmo. Non faltedes!

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to Proxección de “O instante eterno” na Universidade de Deusto

  1. Pingback: O Centro de Estudos Galegos da UPV/EHU celebra as Letras Galegas | Galego en Euskal Herria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s