Conferencia de Xurxo Ayán na Faculdade de Letras de Vitoria-Gasteiz

Cartel entroido 2014 2.1-page-001

No efervescente panorama da arqueoloxía galega contemporánea, Xurxo Ayán Vila (Lugo, 1970) é un dos seus nomes máis senlleiros. As liñas de investigación que veu desenvolvendo nos últimos anos engloban aspectos como a arqueoloxía da Guerra Civil española, a etnoarqueoloxía ou a arqueoloxía da Idade do Ferro galaica, eido este último no que se integra a súa tese de doutoramento Casa, familia y comunidad en la Edad del Hierro del NW (Redelibros, 2012). Para alén diso, é ben coñecido o seu labor de divulgación e posta en valor do noso patrimonio arqueolóxico, tal e como podemos comprobar nos artigos que publica regularmente en medios como Galicia Confidencial, no seu blogue A Lucenza do Abade ou, moi especialmente, no libro Herdeiros pola forza que publicou conxuntamente con Manuel Gago hai un par de anos.

Aproveitando que Xurxo Ayán está a traballar actualmente na Universidade do País Vasco, o Centro de Estudos Galegos de Vitoria-Gasteiz organiza a conferencia titulada “O Entroido: política, globalización, identidade e resistencia”, na que o arqueólogo afondará en múltiples cuestións relacionadas cunha das festividades máis emblemáticas do calendario tradicional galego. A cita será o vindeiro mércores 5 de marzo, ás 11:30 no Salón de Graos. A non perder!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s