“Arte BDieval. As Cantigas de Santa María e a banda deseñada”, na Universidade de Deusto

ARTE BDIEVAL

A Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto, en colaboración con DeustoCampus Cultura e co finaciamento da Xunta de Galicia, convídavos á exposición Arte BDieval. As Cantigas de Santa María e a banda deseñada, que transcorrerá entre os días 10 e 24 de febreiro no claustro do Edificio Central da universidade bilbaina.

A exposición naceu hai aproximadamente un ano, grazas á colaboración entre a Associaçom Galega da Língua e mais o colectivo BdBanda, e xa percorreu varios centros educativos de toda Galiza. A intención do proxecto non é outra que achegarnos, de xeito didáctico e entretido, ás sorprendentes conexións detectábeis entre os mecanismos expresivos e narrativos que se empregan nas ilustracións das Cantigas de Santa María e os que podemos observar na banda deseñada moderna. Todo isto sen descoidar o contexto histórico, cultural e político en que se xerou unha das obras mestras da literatura medieval galego-portuguesa, e aínda poderiamos dicir que da literatura occidental de todos os tempos.

Para aquelas persoas que tiveren problemas á hora de comprender os textos dos paneis, hai folletos explicativos dispoñíbeis en éuscaro, inglés e castelán.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to “Arte BDieval. As Cantigas de Santa María e a banda deseñada”, na Universidade de Deusto

  1. Pingback: “Arte BDieval. As Cantigas de Santa María e a banda deseñada”, agora na Faculdade de Letras de Vitoria-Gasteiz | Galego en Euskal Herria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s