Homenaxe a Concha Murguía Egaña en Oiartzun

1288-54138-a-casa cultura

Político, historiador, ensaísta, primeiro presidente da Real Academia Galega, marido de Rosalía de Castro, verdadeiro factotum do Rexurdimento literario… Manuel Murguía (1833-1923) foi, sen dúbida, unha figura chave para comprendermos o nacemento do Rexionalismo galego, e mesmo a súa progresiva evolución cara ao que hoxe podemos entender inequivocamente como “nacionalismo”.

Porén, tal e como delata o seu apelido, as orixes familiares de Manuel Murguía (ao igual cás de moitos outros persoeiros da intelectualidade galega contemporánea) atopábanse en terras vascas, e máis concretamente  en Oiartzun. Nesta vila guipuscoana naceu, un 29 de xaneiro de 1806, a súa nai, Concha Murguía Egaña, cuxa familia se deslocou para Galiza en 1823 fuxindo da invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís. E foi xa en Galiza onde casou co boticario José Martínez e deu á luz a Manuel Martínez Murguía.

Por esa vinculación tan especial coa cultura galega, o Fato Cultural “Daniel Castelao” de Trintxerpe vén organizando desde hai varios anos unha homenaxe a Concha Murguía na súa localidade natal. Nesta ocasión, a homenaxe terá lugar o vindeiro sábado, 1 de febreiro. Os actos darán comezo ás 10:30, cunha kalejira a cargo de “Lartaun Txistulari Taldea” (Oiartzun) e o grupo de gaiteiros “Trisquele” (Casa de Galiza de Donostia), e continuarán ao longo de toda a mañá. Podedes coñecer o programa máis en detalle aquí e tamén aquí.

 

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , . Ligazón permanente.

One Response to Homenaxe a Concha Murguía Egaña en Oiartzun

  1. Pingback: “Xosé María Díaz Castro: poeta da lus, con querencias vascas”, por Xosé Estévez | Galego en Euskal Herria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s