Datas de apresentación de “Vento e chuvia” en Euskal Herria

vento_chuvia

Hai uns meses vía a luz  Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia (Edicións Xerais), un dos proxectos máis senlleiros e orixinais da literatura galega recente, no que os textos de Manuel Gago e as ilutracións de Manel Cráneo conseguen reconstruír o universo simbólico e mitolóxico dos nosos devanceiros galegos. Bandue, Poemana, Lugoue, Reue… son algunhas das deidades que percorren as páxinas deste libro, recentemente recoñecido polo blogue “Fervenzas Literarias” como o segundo mellor libro de ensaio/divulgación de 2013 (malia ser, basicamente, un libro de narrativa).  Así mesmo, Manel Cráneo foi galardoado polos leitores dese mesmo blogue como o mellor ilustrador.

Após varias apresentacións por todo o territorio galego, e mesmo unha apresentación virtual pensada especificamente para a diáspora (e da que demos boa conta neste mesmo espazo), Vento e chuvia chegará dentro duns meses a Euskal Herria. Concretamente, Manuel Gago estará o día 26 de marzo na Faculdade de Letras da UPV/EHU en Vitoria-Gasteiz, e o día 27 de marzo na Universidade de Deusto en Bilbo, para achegarlle ao público asistente un anaco vivo e vibrante da Idade do Ferro galaica.  Así que xa sabedes, ide deixando libres eses dous días nas vosas axendas!

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES, NOVIDADES coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Datas de apresentación de “Vento e chuvia” en Euskal Herria

  1. Raul Rio di:

    Estaemos ali. Ral

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s