“Pasaia Blues”, de Harkaitz Cano, agora en galego

pasaia bluesComeza un novo ano e, con el, amoréanse enriba da mesa as predicións sobre o que será e o que non será. Son tempos incertos, xa ora, mais unha cousa semella segura: o intenso tráfico cultural dos últimos tempos entre Galiza e Euskal Herria non se vai deter nin por un segundo.

E, nesta liña, temos que nos alegrar dunha moi boa nova, como é a publicación da tradución ao galego de Pasaia Blues, de Harkaitz Cano, que ve a luz na editorial Hugin e Munin, especializada na divulgación de obras da literatura universal entre o público leitor galego. Deste xeito, xa son catro as linguas en que se pode ler esta novela do escritor lasartearra (dos máis prestixiosos con que conta a literatura vasca contemporánea), pois, ao orixinal en éuscaro, hai que lle engadir tamén as traducións ao castelán, ao alemán e, desde hai unhas semanas, tamén ao galego.

Como non podía ser doutro xeito, o responsábel de verter Pasaia Blues ao noso idioma non foi outro que Isaac Xubín, cuxa valía como tradutor vén avalada por obras como Bilbao-New York-Bilbao, de Kirmen Uribe (Xerais, 2010) ou a colectánea Alén da fronteira. Sete poetas vascos (Factoría K, 2012), sen esquecer o seu Dicionario galego-éuscaro/euskara-galiziera (Universidade de Vigo, 2010), que o converten sen dúbida nun dos nexos máis sólidos entre as culturas galega e a vasca.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en NOVIDADES coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s