Músicas de raíz solidarias no I Festival “Aitzina Folk” de Vitoria-Gasteiz

aitzina folk

Sen dúbida ningunha, unha das propostas culturais máis interesantes e atractivas para estas datas de Nadal en Euskadi terá lugar en Vitoria-Gasteiz ao longo dos vindeiros días 27, 28 e 29 de decembro. Referímonos á primeira edición do Festival Solidario “Aitzina Folk”, organizado por Aitzina Lan Taldea co obxectivo de apoiar as persoas afectadas pola ataxia-telanxiectasia e de contribuír economicamente á investigación e ao tratamento desta doenza. E para iso, como podedes comprobar na páxina web do evento, confeccionouse un cartel de auténtico luxo coa presenza de músicos e bandas como Juan Mari Beltrán, Parradust, Solangrey DJ ou Kukai Dantza, sen esquecer os sons máis tradicionais de “Arte Galega” (grupo de música tradicional do Centro Galego de Vitoria-Gasteiz), entre outros. Porén, o prato forte reservaránnolo para o domingo 29 de decembro, co concerto que ofrecerá Carlos Núñez no Teatro Principal a partir das 20:30, e que promete converterse no auténtico momento estelar deste festival (coas habituais sorpresas incluídas, por suposto).

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s