“Vento e chuvia”, de Manuel Gago e Manel Cráneo: apresentación virtual para a diáspora galega

1459919_10151885247458089_1182191086_n

Hai unhas semanas tiña lugar en Santiago de Compostela a apresentación para o gran público dun dos proxectos máis orixinais e agardados da cultura galega recente: o libro Vento e chuvia, no que Manuel Gago, co apoio visual dos deseños de Manel Cráneo, literaturiza varios dos vellos deuses da Idade do Ferro galaica. Obviamente, o proxecto non fica reducido a un simples libro, senón que leva aparellados moitos outros materiais extra aos que podedes acceder no web www.ventoechuvia.com e que o converten, como os proprios autores indican, nun “libro aumentado”. 

Como podedes supor, a obra está a ser apresentada intensamente por toda a xeografía galega, mais a próxima cita non será en Galiza, e nin sequera será presencial: será unha apresentación virtual, por videoconferencia, dirixida á diáspora, aos galegos e galegas espalladas polo mundo adiante, moitos dos cales residen e traballan en Euskal Herria. Como o proprio Manuel Gago sinala:

Galicia non é só o territorio da comunidade autónoma. Galicia é unha comunidade lingüística e cultural estendida por todo o mundo. E non só é a emigración clásica, senón toda a nova diáspora que está sacando do noso país a moita xente nova. Parece que cando se marcha do país, xa se perde o vínculo coa actualidade cultural, pero négome a iso: quero que Vento e Chuvia sexa tan parte dos que están fóra como dos que aínda ficamos dentro. 

Por ese motivo, convocámosvos para o vindeiro luns (segunda feira), 9 de decembro, ás 20:30, na páxina web http://ventoechuvia.com/?page_id=185, desde a cal terá lugar a apresentación. Deixade que Navia, Reue, Coso, Bandua ou Lugoue, entre outros, entren nos vosos fogares e nos vosos centros e compartan convosco unha fría tarde de invernía. A ocasión ben o merece!

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES, NOVIDADES coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

One Response to “Vento e chuvia”, de Manuel Gago e Manel Cráneo: apresentación virtual para a diáspora galega

  1. Pingback: Apresentación virtual de “Vento e chuvia”, de Manuel Gago e Manel Cráneo | Galego en Euskal Herria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s