III Seminario Internacional sobre Lingua e Literatura, na Facultade de Letras de Vitoria-Gasteiz

seminário

O colectivo de profesores/as lectores/as da UPV/EHU convídavos a asistir ao “Hizkuntza eta Literaturari Buruzko Nazioarteko Mintegia/Seminario Internacional sobre Lengua y Literatura”, un seminario que alcanza este ano a súa terceira edición consecutiva. As sesións, que se desenvolverán na Facultade de Letras de Vitoria-Gasteiz ao longo dos vindeiros 4 e 5 de decembro, ofrecerán como de costume unha visión global sobre diversos aspectos relacionados coa lingua e a literatura das culturas representadas polos lectorados que funcionan actualmente na dita facultade. No tocante ao caso galego, serán dúas as achegas que se realizarán: o día 4 de decembro, a partir das 12:00, a profesora Elisa Fernández Rei, da Universidade de Santiago de Compostela, impartirá a videoconferencia titulada “Os das Rías Baixas cantan: variación dialectal da entoación galega”, mentres que ao día seguinte, ás 13:00, será o turno de Rocío Dourado, lectora de Galego na UPV/EHU, quen disertará sobre “Presenza da zoonimia na toponimia galega: o exemplo do concello de Ribadeo”.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , . Ligazón permanente.

One Response to III Seminario Internacional sobre Lingua e Literatura, na Facultade de Letras de Vitoria-Gasteiz

  1. Pingback: IV Seminario Internacional sobre Lingua e Literatura, na Faculdade de Letras de Vitoria-Gasteiz | Galego en Euskal Herria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s