Celebración do “Samaín” na Universidade de Deusto

Samaín 2013_5

Como xa tivemos ocasión de comentar aínda non hai moito tempo neste mesmo blogue, atopámonos en pleno tempo de Defuntos. A Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto convídavos a celebralo o vindeiro mércores 27 de novembro, a partir das 19:00, con dúas actividades que xirarán ao redor do tratamento dado á morte na sociedade tradicional galega. Para comezar, proxectarase o documentario En companhia da morte (2011), de Eduardo Sanches Maragoto, João Aveledo e Vanessa Vila Verde, e do cal podedes visionar un pequeno trailer aquí mesmo. Xusto a seguir, terá lugar a conferencia “O mundo da morte, os defuntos e as ánimas na cultura galega”, que será ministrada por Rafael Quintía, presidente e membro fundador da Sociedade Antropolóxica Galega. Ao remate do evento, a Cátedra de Estudos Galegos convidará as persoas asistentes a uns pequenos petiscos.

Para máis información: https://www.facebook.com/CEGDeusto/events.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTIVIDADES coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

One Response to Celebración do “Samaín” na Universidade de Deusto

  1. Pingback: Vídeo da palestra de Rafael Quintía na Universidade de Deusto | Galego en Euskal Herria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s