Kepa Junkera e Sés, citas musicais no Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo

Para as persoas que residan en Barakaldo, e no Gran Bilbao en xeral, esta semana vén marcada por dúas propostas musicais de calidade e de inequívoco sabor galego. Para comezar, o vindeiro xoves 21 de novembro, a partir das 19:00, o Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo acollerá a apresentación en Euskadi do álbum Galiza, o novo proxecto de Kepa Junkera, do que xa temos falado neste blogue. O novo proxecto do trikitilari de Errekalde comeza así unha andaina que o levará por diversas localidades vascas e galegas.

Galizan

A segunda cita será coa música fresca e atrevida de Sés, que xa actuou en terras vascas hai aproximadamente un ano. Desta volta, os temas do seu disco, Co xenio destrozado, soarán no Centro Galego de Barakaldo o venres 22, a partir das 21:00. Para os que non poidades, teredes unha segunda oportunidade ao día seguinte no marco do Festival BIME, que se celebra no BEC da localidade fabril.

1467482_696651873689223_118211755_n

Advertisements
Estas entrada foi publicada en NOVIDADES coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s