“The Arlotes”, deseños animados feitos en Euskal Herria… e agora en galego

The Arlotes é un seriado de deseños animados en éuscaro que naceu da man de Uraitz Soubies e Ruben Sanchez, e que se emite regularmente no programa “Beranduegi” da web da revista Argia. Ao longo dos seus capítulos, The Arlotes vainos narrando as aventuras e desventuras dun grupo de rock na Gasteiz de finais da década de 90: a loita política, a sexualidade, os conflitos laborais, o ambiente dos bares… serven como pano de fondo a uns personaxes cuxas vivencias nos fan sorrir, pensar e, moitas veces, mesmo mover o esqueleto ou entoar algunha coñecida canción das de toda a vida.

Hai uns meses botouse a andar o traballo de tradución ao galego-portugués dos capítulos da primeira tempada, que se irán emitindo cada segunda feira a través do Portal Galego da Língua. Hoxe partillamos convosco o primeiro deles, “Era umha vez…”, para que vaiades coñecendo a Harry, Iñi, Bego, Goiz e todo o mundo que os rodea.

Por certo, que diaños virá sendo iso de arlote? Pois, para sabérdelo, botádelle un ollo a esta entrevista na que Uraitz e Ruben responden a esta e outras preguntas sobre a serie.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en NOVIDADES coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to “The Arlotes”, deseños animados feitos en Euskal Herria… e agora en galego

  1. Joxemari Sestorain di:

    Mila esker. j

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s