Uxío Novoneyra en Masustegi (1991)

Desde Galego en Euskal Herria queremos compartir hoxe convosco un documento audiovisual fermoso e dotado, ademais, dun fondo poder simbólico. Era o mes de maio de 1991, un mes que na nosa cultura está especialmente consagrado á celebración do Día das Letras Galegas, e que naquela ocasión servía para evocar a figura do grandísimo Álvaro Cunqueiro (1911-1981). Co gallo de tal conmemoración, o Fato Cultural “Daniel Castelao” de Pasaia e mais a Asociación Cultural “Rosalía de Castro” de Barakaldo convidaron a terras bascas a Uxío Novoneyra, o poeta do Courel, cuxo poemario máis emblemático, Os eidos, viña de ser traducido uns anos antes ao éuscaro por Koldo Izaguirre, co título Bazterrak (podedes ler a obra aquí).

En Euskal Herria, Uxío Novoneyra partillou a súa poesía co público de dúas localidades fondamente marcadas pola presenza da diáspora galega: o distrito de Trintxerpe, en Pasaia (Guipúscoa), e mais o bairro de Masustegi, hoxe integrado en Bilbo. Este segundo recital é precisamente o do vídeo que encabeza este mesmo artigo, e que ten a súa continuación noutros seis que podedes visionar aquí.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en GRAVACIÓNS E DOCUMENTOS coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s